Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Colonias/convivencias de verán en Sanxenxo (Pontevedra)

Colonias/convivencias de verán en Sanxenxo (Pontevedra)

31 de maio de 2012

É unha actividade que se desenvolve en quendas de 10 días nos meses de xullo e agosto. Trátase de ofertar uns días de vacacións, relax, praia… a persoas con discapacidade física. Por outro lado en moitos dos casos constitúe un período de “respiro” para os familiares e persoas coidadoras ó tempo que se oferta as persoas con discapacidade a posibilidade de disfrutar duns días de convivencia con outras persoas, realizar actividades lúdicas e cambiar o ritmo habitual de todo o ano. Actividades que van a desenvolver os voluntarios: Monitor/acompañante de persoas con discapacidade e necesidade de axuda de terceira persoa para a realización das actividades básicas do día a día. En función das necesidades de cada persoa poderán desenvolver as seguintes tarefas: - Axuda para a hixiene persoal (ducha, baño, afeitado,…). - Axuda para WC. - Axuda para vestirse. - Axuda para comer (picar, cortar…). - Axuda para a mobilidade (empuxar cadeira de rodas, transferencias…). - Axuda na praia (crema, axudar no baño…) - Axuda para deitarse e levantarse. - Acompañamento e apoio nas actividades de ocio (visitas, excursións…) - Outras. En xeral as tarefas a desenvolver virán determinadas polas necesidades de apoio que precise a persoa concreta á que se acompañe. Tempo de adicación dos voluntarios: Tempo completo (convivencia 24 horas) durante os 10 días de duración de cada quenda.

Fecha limite:  08/06/2012

Fecha inicio:  10/07/2012

Fecha fin:  30/08/2012

Más información:

    Teléfono: 988233304 - Persona de contacto: Iago de Juana de la Salud
    E-mail: informacion@aixina.org
    Página web: www.aixiña.es - www.facebook.com/AIXINA

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric