Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Curso para a obtención do TITULÍN (Autorización federativa para o manexo de embarcacións)

13 de marzo de 2012
Foto

 

Aspaym Galicia organiza un curso dirixido á obtención dunha Autorización Federativa para o manexo de embarcacións (TITULIN) de recreo de ata 6 metros de eslora, que se impartirá nas propias instalacións da asociación, emprazada na rúa Curtis nº10 baixo, na Coruña.

O curso organizarase en 2 partes, unha teórica e outra práctica, e as datas de impartición do mesmo conformaranse unha vez se cubra a cota de prazas dispoñibles, a saber, 15.

O importe do devandito curso ascende a un total de 140 €, dos cales se subvencionará un 50% deste a persoas con discapacidade.

Para a realizar a matrícula será necesario presentar a seguinte documentación:

Fotocopia do D.N.I.
3 fotografía tamaño carné
Fotocopia do Certificado de minusvalía, de ser o caso
Certificado médico

Emprazámolos a efectuar a matrícula con prontitude para establecer as datas de impartición.

Para máis información, atenderémoslles no 881 87 35 07

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric