Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Congreso Internacional "nosoutros: Arte, Comunicación e Integración Social"

Congreso Internacional "nosoutros: Arte, Comunicación e Integración Social"

26 de novembro de 2012

Dende campUSCulturae -a aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das minorías a diversidade e a integración social e cultural- querénvos convidar a participar no Congreso Internacional "nosoutros: Arte, Comunicación e Integración Social", unha iniciativa que se vai desenvolver entre os días 3 e 6 de decembro (coincidindo a inauguración coa celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade), e que pretende achegar coñecementos, promover actividades e xerar sinerxías que contribúan a desenvolver e incrementar o nivel de calidade de vida das persoas e colectivos en situación ou risco de exclusión social a través da experiencia, da cultura e da actividade artística.

A matrícula tanto para asistir como para presentar comunicación é gratuíta, o Congreso ten unha duración de 30 horas repartidas nos 4 días e ademais conta con recoñecemento da Unión Europea e ten difusión tamén a través da rede Culture da UE.

Achegamos o programa en pdf e o enlace ao facebook do proxecto onde tamén se pode consultar o programa completo e onde se irá actualizando a información relativa ao congreso (para consultar esta información non fai falta ter conta facebook, é unha páxina pública e aberta).

http://www.facebook.com/campUSCulturae
 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric