Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Banco de Productos de Apoio. Fundación Universia

 

O Banco de Produtos de Apoio (BPA) é un programa de Fundación Universia, cuxo obxectivo é facilitar a autonomía das persoas con discapacidade no ámbito da formación e emprego. Consiste nun préstamo gratuíto polo que se facilita ás persoas con discapacidade a posibilidade de dispoñer temporalmente de determinados produtos de apoio.

Enténdese por produtos de apoio "Calquera produto (incluíndo dispositivos, equipo, instrumentos, tecnoloxías e software) fabricado especialmente, ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias, limitacións na actividade e restricións na participación".

 

Beneficiarios

Os usuarios serán estudantes matriculados no presente ano académico, recén titulados que estean a realizar prácticas profesionais ou estean a traballar no seu primeiro emprego, así como PDI e PAS da universidade, que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou incapacidade permanente.

 

Duración do préstamo

A duración prevista para o préstamo de produtos de apoio é flexible. Pode solicitarse dende un préstamo para un día, como para períodos máis prolongados, ata un máximo dun ano académico. No caso de que o solicitante sexa un estudante, considerarase a posibilidade de renovación sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos establecidos (consultar apartado 8 do Folleto BPA). 

 

Documentación a presentar

Para solicitar o préstamo do Produto de Apoio debe cumprimentarse o formulario de solicitude e achegar a seguinte documentación:

  • Copia do certificado oficial de discapacidade emitido polo IMSERSO ou organismo equivalente emitido pola Comunidade Autónoma.
  • Copia do resgardo da matrícula universitaria efectuada no curso correspondente, ou ben título académico ou contrato laboral, no seu caso.
  • Copia de DNI ou pasaporte.
  • Proposta na que se especifique o produto solicitado, a utilización prevista e a xustificación da solicitude.

O formulario de solicitude poderase obter nas oficinas ou servizos de atención ós estudantes con discapacidade da universidade, e deberá ser enviado por correo postal xunto coa documentación previamente referida á seguinte dirección:

Fundación Universia. Banco de Produtos de Apoio
Avda. de Cantabria s/n. Edificio Arrecife. Pl 00
28660 Boadilla del Monte. Madrid

 

Para obter máis información, os interesados poden dirixirse a:

contacto@fundacionuniversia.net
Teléfono: +34 91 289 56 03 (luns a venres de 09:00 a 14:30; 16:00 a 19:00)

 

 

"Catálogo de Produtos"
"Folleto BPA" (inclúe formulario de solicitude) 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric