Saltar a: Menu | Corpo | Pe

V Xornada Debate do Observatorio Estatal da Discapacidade

 

O próximo 14 de decembro celébrase en Santiago de Compostela a V Xornada Debate do Observatorio Estatal da Discapacidade (OED), que baixo o título 'Discapacidade e Educación' organizan a Xunta de Galicia e o OED. Representantes do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, membros do movemento asociativo da discapacidade e profesionais do ensino analizarán neste encontro a situación actual, retos e obxectivos da atención á diversidade no sistema educativo.

A resposta que o sistema educativo español dá óss 30.643 alumnos con necesidades educativas especiais que cursan estudos non universitarios nel -segundo os últimos datos do Ministerio de Educación, referentes ao curso 2009-2010-, a necesidade dun rexistro sobre estudantes universitarios con discapacidade, e as achegas que dende o ámbito lexislativo poden contribuír á inclusión da diversidade no sistema educativo para unha verdadeira educación que integre as necesidades de todos os alumnos serán algúns dos temas que se tratarán na V Xornada Debate do OED.

A xornada dará comezo ás 10.30 horas no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela e será inaugurada polo alcalde da cidade, Gerardo Conde; a secretaria xeral de Política social e consumo do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, Isabel Martínez; o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad; o presidente da Fundación para a Promoción e Apoio ás Persoas con Discapacidade-FUTUEX, entidade xestora do Observatorio Estatal da Discapacidade, Francisco de Jesús Valverde; a directora do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Piar Villarino; e o presidente de CERMI Galicia, Anxo Queiruga. 

Tras o acto inaugural, o vogal asesor da Consellería de Educación e ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Manuel Rey Fernández, desenvolverá o relatorio inicial 'Diversificando a inclusión para incluír a diversidade. Unha achega dende a norma'. O programa continuará coa celebración de dúas mesas-debate nas que se abordarán 'A atención á diversidade no sistema educativo' e 'Estudantes universitarios con discapacidade' e coa presentación do libro 'O impacto da Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con discapacidade na lexislación educativa española'. Nesta publicación, María José Alonso Parreño e Inés de Aroz analizan con detalle o grao de correspondencia entre os mandatos do tratado internacional e a normativa española e achegan tras unhas directrices sobre cal é o modelo de inclusión educativa que España debe alcanzar de acordo coa Convención e o plan de transición para logralo.


Lugar de celebración:
Palacio de Congresos y Exposiciones
Miguel Ferro Caaveiro, s/n - San Lázaro 15707
Santiago de Compostela

Prazas limitadas. Entregarase diploma de asistencia. 

Formulario de Inscrición 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric