Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Ábrese o prazo de inscrición ao III Encontro de Mozos con enfermidade neuromuscular de Federación ASEM

O próximo encontro para mozos de entre 18 e 32 anos que organiza a Federación ASEM, terá lugar do 27 ao 30 de setembro 2012, no Centro de Referencia Estatal de Atención a Persoas con Enfermidades Raras e as súas Familias CREER, en Burgos.

Este proxecto ofrece a mozos con enfermidades neuromusculares, a posibilidade de gozar duns días de convivencia nun espazo adaptado, no que poder relacionarse, realizar actividades de interese pedagóxico, social, cultural e lúdico; facilitando a súa integración social.

Este ano o programa conta con númerosas actividades educativas e de ocio. Talleres e dinámicas como a utilización da aula de estimulación sensorial que pon a disposición o centro CRER, o desarollo de talleres sobre a construción de axudas técnicas de baixo custo ou as dinámicas de risoterapia.

O segundo día de encontro está dedicado a actividades culturais, de ocio e tempo libre, como a visita ao Parque de Atapuerca ou a visita á cidade de Burgos.

Se queres participar, podes descargar no seguinte enlace o programa preliminar que inclúe o Formulario de inscrición na páxina 3. Só tes que enchelo e envialo por correo electrónico a areasocial@asem-esp.org antes do 14 de setembro.

Programa preliminar III Encontro de Mozos de ASEM (Podes imprimir e encher a man o formulario de inscrición).

Programa preliminar III Encontro de Mozos de ASEM Reenchible (con formulario de inscrición reenchible).

Máis información:

Federación ASEM
Tel. 934 516 544
areasocial@asem-esp.org
info@asem-esp.org

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric