Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Publicacións do CERMI Estatal

Neste sentido, a Guía explica que as persoas beneficiarias do dereito que regula a accesibilidade son as persoas propietarias da vivenda se viven nela, traballan, prestan servizos altruístas ou voluntarios, persoas con discapacidade ou persoas maiores de 70 anos. Así mesmo, afecta ás comunidades e mancomunidades suxeitas á Lei de Propiedade Horizontal, á maior parte dos inmobles dedicados a vivenda habitual.
A guía fai referencia aos dereitos en canto ás obras e instalacións de accesibilidade sen necesidade de acordo, ás que necesitan o acordo da comunidade de propietarios, ás actuacións que deben levar a cabo por incumprimento dos seus dereitos e ás obras e instalacións de accesibilidade que poden realizar as persoas con discapacidade, asumindo o custo que supoñen.
Tamén fai referencia ás dúas normas reguladoras vixentes nestes casos, que son a Lei de Adaptación Normativa á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e a Lei de Límites do Dominio sobre inmobles para eliminar barreiras arquitectónicas ás persoas con discapacidade.

Un nutrido grupo especialistas, representantes de diferentes organizacións da discapacidade, elaboraron no seo do CERMI unha serie de propostas que se entenden necesarias para desencadear procesos de envellecemento activo. Están agrupadas en doce apartados diferentes que abranguen dende os dereitos á formación do persoal en diferentes especialidades.
Tamén se recollen brevemente diversos enfoques sobre como se desenvolve o envellecemento segundo as distintas discapacidades.

Algunhas das reflexións do documento poñen o acento no descoñecemento non só social senón tamén científico en torno a estas cuestións. Non se sabe como se envellece ou máis ben que efecto ten chegar á vellez nalgunhas situacións ligadas a determinadas discapacidades. Por esta razón, conclúe a publicación, é necesario afondar neste campo para que se poidan abordar as medidas necesarias.

  • A Transversalidade do Xénero nas Políticas Públicas de Discapacidade.  Esta obra colectiva confeccionada conta coa participación de varios autores. Foi editada polo Consello Español de Representantes de Persoas con Discapacidade  co apoio do Instituto da Muller, e pretende analizar e orientar a responsables políticos e a activistas na inclusión efectiva das mulleres e nenas con discpacidade en distintos ámbitos da vida, moitas veces esquecidos nas políticas públicas.
  • Derechos humanos y discapacidad. Informe España 2011. Coa elaboración deste informe, preténdese dar a coñecer as situacións que vulneran os dereitos das persoas con discapacidade consagrados na Constitución Española e na propia Convención Internacional sobre as Persoas con Discapacidade, co obxectivo de que se adopten as medidas que permitan restituír nos seus dereitos a un sector de poboación que vén adoecendo un déficit de cidadanía.
  • "Activistas" é o terceiro e último dos libros editados polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade(CERMI) para documentar os quince anos de historia da organización.

    "Activistas" é a escusa perfecta para render homenaxe a un grupo homes e mulleres que fixeron bandeira da discapacidade, que envorcaron a súa vida na defensa dos dereitos máis elementais de millóns de españois discriminados, ignorados e apartados da vida social.

    O lector encontrará respostas sobre o devir da minusvalidez organizada, a conxuntura económica que afoga ao sector e autocríticas avaladas por anos de esforzo, de entrega sen límite á tarefa de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e facer valer os seus dereitos intrínsecos como seres humanos.
  • O sector da discapacidade: realidade, necesidades e retos futuros: O panorama actual, caracterizado por unha crise sen precedentes, reclama unha reflexión acerca da situación do sector social da discapacidade en España; coñecer a realidade da cidadanía con discapacidade e as súas familias, así como do movemento asociativo da discapacidade, e facer labor prospectivo acerca de cales serán os retos que deberán afrontar a medio e longo prazo.

    Esta reflexión e prospectiva debe contribuír a desenvolver estratexias e tomar as medidas necesarias para asegurar que este sector de poboación goza dos seus dereitos e recibe un nivel de apoio axeitado para a súa inclusión.
    O informe revela que as necesidades das persoas con discapacidadeevolucionaron ao tempo que os avances na concepción da discapacidade que se produciron nas últimas décadas. Estes progresos son o froito da confluencia da experiencia colectiva e da crecente conciencia social de e cara ás persoas con discapacidade e as súas organizacións representativas.

    A investigación pretende reflexionar sobre varias cuestións, dende cales son as necesidades das persoas con discapacidadeen termos de renda, emprego e servizos, e valorar o financiamento necesario para cubrir esas necesidades; ata indagar acerca das fontes de financiamento actual das entidades que forman parte do movemento asociativo da discapacidade: o momento actual e as tendencias futuras, de modo que este debate permita orientar as estratexias de acción das organizacións sociais da discapacidade.

 

 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric