Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Charlas

Aspaym-Galicia realiza charlas de divulgación e sensibilización para a prevención da Lesión Medular en todos aqueles centros educativos que o soliciten. Os nosos principais destinatarios son os alumnos de ensino primario e secundario e tamén os estudantes universitarios.

As charlas son impartidas por unha Traballadora Social de nosa Asociación e nelas tamén cóntase coa presenza e testemuña dun lesionado medular veteran que transmite ao auditorio a súa experiencia persoal e as dificultades ás qeu ten que face fronte diariamente. Noso obxectivo é concienciar á xuventude da importancia da prevención dos riscos para evitar que poidan padecer unha lesión medular debido a zambullida, imprudencias ou una conducción temeraria.

Se desexa solicitar unha charla, poñase en contacto con nos no teléfono 881 87 35 07 ou no e-mail info@aspaymgalicia.org

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA LESIÓN MEDULAR NO IES PINTOR COLMEIRO (SILLEDA)

O martes día 2 de FEBREIRO de 2012 terá lugar no IES Pintor Colmeiro de Silleda unha charla de sensibilización e prevención da lesión medular dirixida a estudantes de 3º e 4º da ESO, impartida por unha traballadora social, unha psicóloga e un voluntario con lesión medular.

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA LESIÓN MEDULAR NO CPI BEMBIBRE

O martes día 26 de MARZO de 2012 terá lugar no CPI Bembire do Val do Dubra unha xornada de sensibilización e prevención da lesión medular dirixida a estudantes de ESO, impartida por unha traballadora social, unha psicóloga e un voluntario con lesión medular.

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA LESIÓN MEDULAR NO IES MARUXA MALLO DE ORDES

O martes día 8 de MAIO de 2012 terá lugar no IES Maruxa Mallo de Ordes unha xornada de sensibilización e prevención da lesión medular dirixida a estudantes de 4º da ESO, impartida por unha trabajadora social, unha psicóloga e un voluntario con lesión medular.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric